CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Ávila, o máis importante dos últimos 40 anos en Castela e León

Publicado o 18/08/2021 12:24
Estabilizado o incendio de Ávila, o máis importante dos últimos 40 anos en Castela e León

EFE

EFE

O incendio forestal que o pasado sábado se declarou entre os municipios abulenses de Navalacruz e Cepeda de la Mora está xa estabilizado e xa non hai lapas nos seus 130 quilómetros de perímetro, segundo informou este mércores o conselleiro de Fomento e Medio Ambiente, Juan Carlos Suárez Quiñones, quen ademais pediu prudencia sobre o número de hectáreas queimadas que, polo momento, son polo menos 12.000, segundo explicou.

O incendio segue cun nivel 2 de perigo nunha escala de 0 a 3, de menor a maior intensidade, pero sen perigo para a poboación. O Servizo de Xestión de Emerxencias de Copernicus, que proporciona información xeoespacial puntual e precisa e que pertence ao programa de observación da terra da Unión Europea, calcula unha superficie de 21.993 hectáreas queimadas ata hoxe.

O motivo desta diferenza é que se descoñece polo momento se Copernicus tivo en conta a illas que poderían quedar sen queimar dentro da zona afectada polo lume e que habería que descontar da superficie total.

En calquera caso, este incendio xa é o máis extenso dos últimos 40 anos en Castela e León. 

 

Noticias web

18/08/2021