CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Rois tras calcinar máis de 20 hectáreas

Publicado o 17/08/2021 09:03
Estabilizado o incendio de Rois tras calcinar máis de 20 hectáreas

Estabilizouse o incendio declarado no concello de Rois, na parroquia de Leroño, segundo confirman dende o 085.

Segundo as primeiras estimacións de Medio Rural, e á espera de novos datos, a superficie queimada supera as 20 hectáreas. Para extinguir o lume mobilizáronse dous técnicos, seis axentes, trece brigadas, sete motobombas, dúas pas, nove avións e seis helicópteros.

Noticias web

17/08/2021