CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Rairiz de Veiga e activos os de Lobios e Muíños

Publicado o 17/09/2020 16:11

Un novo incendio adéntrase na serra do Xurés. Segundo os datos da Consellería do Medio Rural, entrou desde Portugal pasadas as doce da noite. E afecta xa 80 hectáreas no concello de Muíños,

Segue tamén activo o incendio de Lobios, que desde o sábado leva consumidas dúas mil hectáreas do parque natural da Baixa Limia. E esta mañá deron por estabilizado o de Rairiz de Veiga, iniciado o domingo e que afecta 300 hectáreas.

Outros nove incendios da provincia de Ourense están estabilizados ou controlados, e un, o de Vilardevós, extinguido, segundo o último parte da Consellería do Medio Rural. Entre todos, en cinco días, arrasaron preto de 8.000 hectáreas.

Noticias web

17/09/2020