CRTVG

Buscar

Esta tarde está convocada a mesa multilateral de Alcoa

Publicado o 28/12/2020 15:13
Esta tarde está convocada a mesa multilateral de Alcoa

O Ministerio de Industria convoca de urxencia a mesa multilateral sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao. A reunión será telemática hoxe pola tarde e están convocados traballadores, Goberno central, Xunta e a empresa.

A xuntanza chega días despois de que Alcoa anunciara que recorre ante o Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declaraba nulo o ere que a multinacional pretendía aplicar na factoría de San Cibrao.


 

Noticias web

28/12/2020