CRTVG

Buscar

Esta tarde declaran na Audiencia cinco dos presuntos xihadistas detidos en Barcelona

Publicado o 17/01/2019 08:49

Na Audiencia Nacional está previsto que comparezan esta tarde 5 dos 18 presuntos xihadistas detidos o martes en Barcelona no marco da operación Alexandría, que se iniciaba hai 19 meses. Son os membros máis radicalizados dunha organización criminal en que boa parte está vencellada tamén á delincuencia común. O líder da célula, que segundo os investigadores tiña a vontade de cometer un atentado en Barcelona, é un alxeriano que leva máis dunha década vivindo na Cidade Condal e que se radicalizou intensamente tras unha estancia en prisión en 2017.

 

Noticias web

17/01/2019