CRTVG

Buscar

Esta tarde comeza o diálogo social para a reforma das pensións

Publicado o 13/10/2020 14:32

Nova reunión hoxe da Comisión do Pacto de Toledo para avanzar na reforma das pensións. E hai medidas xa case pechadas. 

Dáse por seguro que se atrasará a idade efectiva de xubilación, con incentivos para seguir traballando e penalizando as xubilacións anticipadas.

Ademais poderán escollerse os mellores anos de cotización para calcular a pensión. E outra das medidas propostas é que as parellas de feito teñan dereito á pensión de viuvez nas mesmas condicións que os matrimonios.

Hai bastante consenso entre os grupos políticos sobre eses puntos e o Goberno reúnese pola tarde cos axentes sociais.

 

Noticias web

13/10/2020