A vacinación do grupo de 40 a 49 avanza xa en toda Galicia
• "Son optimista e creo que imos cumprir o obxectivo de ter o 70 % vacinado no verán" | O Sergas xa leva postas 2.180.000 doses das distintas vacinas
A vacinación en Galicia logra unha nova marca con 2.180.000 doses inoculadas e, cada vez, en xente máis nova. Esta semana recibirán a vacina de xeito masivo os nacidos na década dos 70.
A loxística é a idéntica, pero a distribución por idades non é homonéxea e todas as áreas sanitarias. Por iso a conta de por que ano van en cada un dos 14 puntos de vacinación pode ter pequenas variacións. Hoxe están convocados os do 71, e sabemos xa que algunhas áreas, para este venres, están convocados xa os do 75.
Os dos anos seguintes esperan quenda, pendentes da aplicación Sergas Móbil e da citación telefónica. Hoxe en Pontevedra os vacinados teñen 49 e reciben o preparado de Janssen.
"Hoxe están chamados 1,300. E pola tarde temos unha pequena repesca de mariñeiros e dos que chamamos "nómades", persoas que están en rutas longas fóra da casa", explica a coordinadora do centro de vaciación.
Porque as picadas dos que teñen entre 40 e 49 tense que ir combinando co resto das obrigas, e coas segundas doses do grupo etario anterior o de 50-59 e tamén algunha repesca dos que non puideron ir. Pero os protagonistas do mes son os "corentóns" ou "corentaneiros", según se mire. E o que se ve nos recintos é ilusión e ganas. E satisfacción tamén por ter xa, cunha soa dose, a pauta completa.
"Hai persoas que non veñen por non faltar ao traballo. entre un 5-10 %. Hai que lembrarlle que isto é unha cita médica e que aquí damos un xustificante para a empresa". É o chamamento desde o recinto de vacinación a empresarios e traballadores.
Lembra Consuelo que a pandemia demostrou que sen saúde non hai economía. "É das citas médicas máis importantes", di.
Cada vacina é unha vida protexida.