CRTVG

Buscar

Esta semana celébrase o Día Internacional das Aves

Publicado o 02/10/2019 21:25

Hoxe no Tinteiro fálase de algo máis ca das súas famosas augas. Desta volta os paxaros son os protagonistas. Aproveitando a celebración do Día Internacional das Aves, toca aprender. E canto máis preto, mellor.

En apenas unha hora de avistamento, os lavancos e as garzas reais foron os que máis se deixaron ver. Pero tamén as lavandeiras, os andarríos, as gaivotas patiamarelas e os corvos mariños. E apuntan que moitas veces malia non velas de preto, tamén paga a pena escoitalas.

Esa é precisamente a reflexión que queren achegarnos este ano na celebración do Día Internacional das aves. Porque din que non sería o mesmo camiñar polos nosos bosques, a carón dos ríos ou a beira do mar sen escoitar o canto dos paxaros. Por iso, din, hai que coidalas, porque son indicador da calidade do lugar en que vivimos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019