CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Esta primavera hai máis cogomelos comestibles ca outros anos polas choivas

Publicado o 12/06/2018 21:36



Non só o outono é tempo de cogomelos. As continuas choivas que estamos tendo esta primavera fan que o monte galego estea cheo de máis especies de importante valor culinario ca noutros anos pasados.

Os cogomelos máis ricos tamén saen en primavera, e máis nesta que parece outono.

É que din non hai mal que por ben non veña.

Amanitas rubescens, boletus estivalis e cantarelus son as máis comúns hoxe nas nosas terras.

Pero ollo, tamén hai algunhos cogomelos perigosos, eses, que non vaian para a cesta.

Agora para a cociña. Hoxe toca cear cogomelos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

12/06/2018