CRTVG

Buscar

Está por ver se o de hoxe é ou non o último cambio horario

Publicado o 27/10/2018 22:53

Cada último domingo de outubro enfrontámonos, por segunda vez no ano, a un novo cambio de horario. Nesta ocasión pasamos ao horario de inverno, é dicir, durmimos unha hora máis. Así e todo, á hora da verdade son moitos os detractores deste ataque ao noso corpo. A idea é adaptar os nosos horarios á luz natural e así lograr un maior aforro enerxético, aínda que son moitos os que dubidan de que isto se poida producir.

O certo é que este podería ser un dos últimos cambios de  hora. A decisión tomarana os estados membros da Unión Europea. Eles avaliarán máis aló de marzo de 2019 se queren rexerse de maneira permanente polo horario de inverno ou de verán.

Noticias web

27/10/2018