CRTVG

Buscar

Esta noite vaise cortar a N-VI para colocar unha pasarela ao seu paso polo concello de Oleiros

Publicado o 19/08/2019 13:35


Atención aos condutores que se desprazan pola Nacional Sexta nos accesos á Coruña porque esta noite volverá quedar cortado o treito desta vía que atravesa o concello de Oleiros. . A colocación dunha pasarela peonil obrigará a desviar a circulación polas zonas de Montrove e O Temple. O corte de tráfico prolongarase entre as dez da noite e as sete da mañá do martes. Os desvíos provisionais estarán sinalizados.
 

Noticias web

19/08/2019