CRTVG

Buscar

Arranca a campaña electoral do 26-M condicionada polos resultados das xerais

Publicado o 10/05/2019 00:29

Once días despois comeza oficialmente unha nova campaña electoral. Arranca condicionada polos resultados das xerais. Os socialistas tentarán consolidar ese triunfo en concellos, autonomías e no Parlamento Europeo.

José Luis Ábalos. Secretario de Organización do PSOE: "Imos con boas expectativas. Eu estou confiado en que os españois e as españolas volverán apostar polo futuro e volverán mobilizarse como o pasado domingo"

O Partido Popular afronta a campaña como unha segunda volta das xerais, unha oporturnidade para darlles a volta aos malos resultados que obtiveron o 28 de abril.

 Pablo Casado. Presidente do PP:"Coas mellores expectativas electorais. Saímos a gañar estas eleccións europeas que ademáis coinciden coas municipais e autonómicas. Saímo gañar e a remontar os resultados do 28 de abril"

E Ciudadanos aspira a pasarlles por diante aos populares nesta segunda rolda electoral. José Manuel Villegas. Secretario xeral de Ciudadanos:"Coa idea de ser alternativa a Pedro Sánchez nas europeas e nas comunidades autónomas e concellos de España"

Galicia

Mentres que os principais partidos políticos a nivel estatal abrirán campaña en Madrid, a maioría coa presenza dos seus líderes, en Galicia os escenario varía segundo o partido político.

O BNG escolle A Coruña para iniciar campaña. Ana Pontón arroupa a Francisco Jorquera, o seu candidato á alcaldía. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, opta por apoiar a Rodríguez Villarino, cabeza de lista dos socialistas na cidade de Ourense. O voceiro de En Marea abre campaña en Lugo co candidato municipal Xosé Chorén e Lidia Senra, aspirante a renovar como eurodeputada. Os populares elixiron Santiago para comezar esta nova contenda electoral. Alberto Núñez Feijóo avala no inicio de campaña a Agustín Hernández, o candidato do PP á alcaldía da capital de Galicia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019