CRTVG

Buscar

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas nos concellos galegos

Publicado o 25/02/2021 15:48

Hostalería e ximnasios, preparados para a reapertura

• Consulta no DOG as medidas que entran en vigor este venres

Hoxe farase oficial: á media mañá, o Diario Oficial de Galicia publicará as medidas que entran mañá en vigor en cada concello. Non é fácil aclararse. A ver se coa axuda destes mapas.

MAPA VERMELLO
Nestes dez concellos, non cambia nada. Seguen coas máximas restricións.

MAPA LARANXA
Así quedan un cento de concellos. Son nivel 2. Son toda a área sanitaria de Pontevedra, da Coruña e de Ferrol, e concellos soltos no resto de Galicia. Neste nivel, pódense mover pola súa área sanitaria entre concellos da mesma cor, pero non saír de aí.

MAPA AMARELO
Os de maior liberdade. Con excepcións, son practicamente toda a área de Vigo, Santiago, Lugo e Ourense. A xente que vive aquí pódese mover por todo o pintado de amarelo.

Outra novidade para mañá, posiblemente das máis esperadas: reabre a hostalería en toda Galicia menos neses dez concellos que están en vermello. A vixilancia será extrema para que hostaleiros e clientes cumpran coas normas.

As básicas son: limitación de ocupación, que nos interiores se controlará cun código QR. Para os clientes, a norma básica é manter a máscara posta en todo momento. Só se pode apartar da boca no momento de comer ou beber.

Noticias web

25/02/2021

Máis sobre actualidade