CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Está Kim Jong-un na China?

Publicado o 27/03/2018 21:30

Está o líder de Corea do Norte en Pequín? É a pregunta que se fan todos na China ante o ir e vir dunha caravana diplomática e o aumento das medidas seguridade en puntos estratéxicos. O Goberno chinés nin confirma nin desmente. Cando o pai do ditador visitaba Pequín, as autoridades tamén gardaban silencio ata que regresaba ao seu país. No caso de Kim Jong-un, de confirmarse, sería a súa primeira visita á China dende que chegou ao poder hai seis anos. Outros cren que pode tratarse da súa irmá.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

27/03/2018