CRTVG

Buscar

Esta fin de semana celébrase a festa gastronómica do queixo de Arzúa-Ulloa

Publicado o 29/02/2020 17:21

E en Arzúa a festa é gastronómica. Exaltan o queixo da zona, o Arzúa-Ulloa, un dos de maior tradición e consumo en Galicia. Pero a festa vai máis aló do queixo. Hai exposicións, catas e obradoiros ao redor do queixo... que tamén se pode adquirir en diferentes postos.
Unha festa que cumpre 45 anos. O queixo de Arzúa-Ulloa é o que máis producimos e consumimos en Galicia. Sendo así non é de estrañar que a Feira do Queixo sexa unha das citas ineludibles no calendario festeiro gastronómico. A música é outro dos grandes atractivos desta cita: esta noite actúan Tequila, Novedades Carminha e Ladilla Rusa.

Noticias web

29/02/2020