CRTVG

Buscar

Esta é a mensaxe dos técnicos de emerxencias sanitarias de Galicia

Publicado o 02/04/2020 23:21

Os técnicos de emerxencias sanitarias de Galicia teñen unha mensaxe para os galegos: "Sei que esta situación fai que te sintas mal, pero somos moitos os que, coma sempre, coidamos de ti. Coma min".

Baixo este lema son moitos os profesionais que dan unha serie de recomendacións para evitar a propagación do virus. A mensaxe é clara. "Se queres axudar queda na casa, coma min", di Daniel, técnico de emerxencias sanitarias de Galicia.