CRTVG

Buscar

Esquerra vai adiar as negociacións da investidura

Publicado o 01/12/2019 18:44

Con xornadas de portas abertas nestes días previos, as Cortes saídas das eleccións do 10 de novembro toman posesión o martes vindeiro. O que dista de ter data, en cambio, é a sesión de investidura de Pedro Sánchez, obrigado a contar coa abstención dos trece deputados de Esquerra Rebublicana. No PSOE quererían pechar un acordo antes das festas de Nadal, mais iso choca co interese dos de Junqueras, que ven a Sánchez máis débil hoxe que en abril, e van aproveitalo estirando os tempos e mantendo na axenda os seus máximos.

Joan Tardá, ex-portavoz de ERC no Congreso: "Evidentemente o noso catálogo está conformado, basicamente, pola autodeterminación, e o catálogo do goberno español vén condicionado pola Constitución española. Aquí ninguén ten que renunciar ao seu catálogo. Aquí do que se trata é de que ninguén bloquee a ninguén".

Desde o Partido Popular invocan a xuntanza que o equipo negociador dos socialistas vai manter o martes con Junts per Cat para acusar a Sánchez de estar traballando por un goberno de sediciosos. A portavoz parlamentaria dos populares resume as opcións actuais en tres.

Cayetana Álvarez de Toledo, portavoz parlamentaria do PP: "Hai tres opcións en España. Hai un goberno de sedición, que é o que está fraguando o señor Sánchez. Hai un goberno de concentración constitucionalista, de Partido Popular, Partido Socialista e Ciudadanos. E logo hai terceiras eleccións, neste caso quintas do señor Sánchez e quinto fracaso".

Segundo Álvarez de Toledo, o PP non pode acudir coa súa abstención ao rescate dun Sánchez que só acumula fracasos e non é de fiar.

Noticias web

01/12/2019