CRTVG

Buscar

ERC confirma o voto en contra á designación de Iceta como senador

Publicado o 15/05/2019 20:10

Esquerra Republicana péchalle o paso a Iceta para presidir o Senado. Falan dunha situación excepcional de represión que non permite a cortesía parlamentaria.

Esa decisión arrastra a Junts per Cataluña a unha postura común do soberanismo. Dinlle a Sánchez que se quería a Iceta de senador que o metese nas listas.

O bloque secesionista, coa CUP, sumaría 65 votos en contra, xusto a metade da cámara, polo que a designación de Iceta caería da orde do día.

O PP pídelle a Sánchez que non ofreza nada a cambio do apoio independentista e igual que Ciudadanos non votarán en contra da proposta socialista no Parlamento catalán pero si no Senado.

Intelectuais, artistas e empresarios sumáronse a un manifesto que pide aos independentistas que non impidan a designación de Iceta. A votación clave é mañá a partir das nove.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019