CRTVG

Buscar

Esquerra decide no Consello Nacional do xoves a investidura de Sánchez

Publicado o 31/12/2019 08:33

Esquerra amósase disposa a facilitar a investidura de Sánchez cunha abstención, pero pospón a decisión ata o Consello Nacional do próximo xoves. A presión do calendario, nun ano que expira hoxe mesmo, redobrouse onte cos anuncios do apoio do PNV e a abstención de Bildu. E especialmente, coa presentación das liñas do programa de goberno da coalición entre PSOE e Unidas Podemos.

Máis preto de seren presidente e vicepresidente da primeira coalición de goberno desde a segunda república, Sánchez e Iglesias compareceron, pero sen someterse ás preguntas dos xornalistas, nunha sala na que só estaba permitida a entrada aos reporteiros gráficos. Valoraron pero non entraron a debullar un documento titulado Coalición Progresista, un novo acordo para España con cen propostas de goberno que inclúen a súba dos impostos ás rendas altas e ás empresas e que vai máis lonxe do previsto na derogación de parte da reforma laboral de Rajoy.

Propón unha nova Lei e seguridade cidadá para susbtituír a denominada popularmente Lei mordaza, e tamén prevé a reforma da Lei Wert.

Hai medidas para limitar o prezo dos alugueiros, repoboar a España baleira, eliminar os copagos, regular a eutanasia e un impulso de medidas en favor da igualdade, contra a os ventres de alugueiro, as violencias sexuais e a trata de mulleres.

O pacto súmase ao que asinara a mediodía o PSOE co PNV, e que inclúe o compromiso de adecuar a estrutura do Estado ao recoñecemento das realidades territoriais.

As datas dependen de Esquerra Republicana que convocou o Consello Nacional para a tarde do día dous, cando xa debería comezar o pleno se a data escollida para investir a Sánchez é como se dicía o domingo día 5. Para iso, Meritxel Batet tería que convocalo hoxe mesmo.

Esquerra topa tamén cun novo elemento que a empuxa cara a abstención necesaria para investir a Sánchez, a xa anunciada abstención de Bildu. Outras datas máis probables para o pleno da investidra serían os días 4 5 e 7 de xaneiro.

Referiuse tamén o secretario de Organización do PSOE ás críticas da dereita á Avogacía do Estado. Dixo que os que denuncian presións ás institucións do Estado o que están facendo é, precisamente, meter presión.

 

Noticias web

31/12/2019