CRTVG

Buscar

Esquerda Unida pide que rematen os recortes na sanidade pública

Publicado o 06/08/2019 14:41

Dende Esquerda Unida piden que se acabe cos empregos temporais na sanidade. Á Xunta demándanlle que convoque unha oferta pública de emprego para o Sergas e ao Ministerio que elimine os topes nas taxas de reposición.

Para a líder do partido, Eva Solla, "o reclamo de recortes por parte do Ministerio de Sanidade é absolutamente inadmisible. Non podemos estar perante unha Consellería de Sanidade e un Ministerio de Sanidade que continúen aplicando recortes en materia sanitaria cando en realidade se están a incrementar as necesidades de atención sanitaria".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019