CRTVG

Buscar

Esquerda Unida abre as súas primarias para a elección do candidato á Xunta

Publicado o 07/09/2019 15:14

Esquerda Unida abriu hoxe o proceso de elección de persoas candidatas para os comicios galegos de 2020. O secretario de Organización, Rubén Pérez, reiterou a súa aposta por concorrer en procesos de unidade con outras organizacións e achegar propostas políticas e candidatos elixidos en primarias polo conxunto da militancia. 

"Imos ser das primeiras federacións que elixan un candidato por este sistema de primarias e desde logo o noso calendario queda un pouco a expensas de repetición electoral por eso tamén entre as dúas fases hai un pequeno tempo por se imos, desgraciadamente, a un proceso de eleccións", asegurou Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019