CRTVG

Buscar

Esquema das novas medidas: despexamos as principais dúbidas

Publicado o 14/01/2021 15:20

As novas medidas fronte á covid−19 entran en vigor esta media noite. Na rúa hai dúbidas sobre o que se pode e non se pode facer. Repasamos as principais normas:

As xuntanzas en lugares públicos e privados quedan limitadas en toda Galicia a catro persoas non conviventes. Con todo, a recomendación é que reduzamos ao máximo as relacións coas persoas que non viven con nós.

A hostalería pecha en toda Galicia ás 6 da tarde e nos concellos en nivel máximo os bares e restaurantes só poden atender en terraza. Os comercios teñen que pechar como moi tarde ás nove e media da noite.

O toque de recollida adiántase unha hora. Queda establecido entre as 10:00 da noite e as 6:00 da mañá.

Galicia queda dividida en dous niveis, os habitantes dos concellos que están en nivel máximo non poden nin entrar nin saír da vila. As sete grandes cidades galegas están con peche perimetral individual.

A comunidade autónoma está pechada durante todo o mes de xaneiro, así que, non se pode nin entrar nin saír dela.

Noticias web

14/01/2021