Telexornal Serán
Esperanza, unha veciña de Ourense ten 101 vive soa e segue bailando
Publicado o 01/02/2018 21:22
Imos coñecer agora unha muller que é un exemplo de envellecemento activo. É de Ourense, chámase Esperanza e encántalle poñer os zapatos de tacón e bailar cos seus amigos. Pero o máis sorprendente é a súa idade. Ten unha saúde de ferro e moito sentido do humor.
"Chámome Esperanza Cortiñas Quintela, teño 101 anos e a miña ilusión máis grande é bailar, despois o que sexa".
Bailar é a súa paixón e o que lle da toda a súa enerxía. Cumpriu 101 anos en decembro e vive soa na súa casa no barrio ourensán da Ponte. Érguese cedo, vístese, almorza, fai a cama, peitéase, e ponlle cor aos seus beizos. Ten moi boa saúde, case non ten engurras pero cando lle preguntan polo seu segredo di que non ten ningún.
É unha muller chea de vida, simpática e con moitas amigas e con elas pasa a tarde xogando ás cartas. No seu barrio di que a coñecen como a princesiña.
E o mellor chega a fin de semana, pón os seus zapatos de tacón e vai ao centro social a bailar, baila toda a tarde e así di que é feliz.
Máis sobre Galicia
17/01/2021 23:08
17/01/2021 21:39
17/01/2021 21:04