CRTVG

Buscar

Esperanza, sufrimento e fe, os sinais de identidade deste Lugo

Publicado o 31/10/2020 16:37

Morto Hitchkock, o Lugo é a nova referencia do suspense. O gol marcado por Juanpe o pasado xoves en Tenerife no tempo engadido veu alimentar aínda máis a lenda de equipo agónico que ten claras as súas ideas.

Esperanza, sufrimento e fe. Eses son o sinais de identidade que está a aplicar o Lugo nos últimos meses, primeiro con Juanfran e agora co Nafti.

De feito, dezanove dos últimos vinte goles marcados polo equipo chegaron na segunda metade, doce no último cuarto de hora, oito nos derradeiros cinco minutos e cinco no tempo engadido que lle serviron para sumar un total de vinteseis puntos.

O Raio vén avisado. A pasada temporada perdeu en Lugo con gol de Cristian Herrea a vinte minutos do final.
 

Noticias web

31/10/2020