CRTVG

Buscar

Á espera do veredicto do crime da viúva do ex-presidente da CAM

Publicado o 09/11/2019 21:33

O veredicto do crime da viúva do ex-presidente da Caixa do Mediterráneo faise esperar. O xurado popular estivo deliberando todo o día pero non chegou a acordo sobre a culpabilidade ou inocencia do único acusado.

Este venres, o xurado emitiu un primeiro veredicto, pero a presidenta do tribunal considerou que a argumentación era ambigua e pediulle que subsanara o erro.

Agora para determinar se Miguel López matou ou non a súa sogra, María del Carmen Martínez, os nove membros deberán responder a un cuestionario de 12 preguntas que lles trasladou a maxistrada.

O crime que se xulga sucedeu o 9 de decembro de 2016 en Alacante. María del Carmen Martínez recibiu dous disparos na cabeza, no seu propio coche, que fora recoller no lavadoiro dun concesionario, propiedade da familia e xestionado polo acusado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019