Á espera do paso a disposición xudicial dos detidos polo crime de Toques
O 27 de marzo, un incendio na parroquia da Capela, en Toques, calcinou 35 hectáreas de monte e deuse por extinguido a primeira hora do día. Un axente forestal fixo un achado esa mesma mañá que virou a investigación do suceso: atopou un vehículo calcinado e un cadáver tamén queimado, o que abría a posibilidade de que o lume fose, ademais, un crime de sangue. Unha hipótese que se reforzou ao descubrir nas probas forenses posibles indicios de morte violenta.
O falecido era Julio Lea Casal, un veciño de Sobrado que vivía só e que tiña 59 anos. Dous meses despois, a garda civil detivo tres persoas que poderían estar implicadas nisto. Segundo o xornal La Voz de Galicia, foron arrestados dous irmáns, veciños da vítima, e un primo deles residente en Boimorto. Tamén publica que entre a vítima e os detidos había problemas e enfrontamentos de vello.