CRTVG

Buscar

Á espera da autopsia do bebé atopado nun colector do lixo en Xixón

Publicado o 02/08/2019 20:35

Será autopsia a que determine a causa de falecemento do bebé que un veciño atopou dentro dun colector do lixo en Xixón envolto nunha bolsa.

O suceso tiña lugar contra as 3.00 da última madrugada e ata o lugar se desprazaron, amais do forense, efectivos da Policía Nacional e Xudicial. Polo momento, hai varias hipóteses abertas.

A investigación tratará de determinar o lugar onde puido dar a luz a nai, e terá en conta o testemuño do home que atopou o bebé, un indixente que rebuscaba entre o lixo do colector.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2019