CRTVG

Buscar

Espectacular rescate dunha cadela que acabou nunha arqueta da auga en Cerdedo-Cotobade

Publicado o 02/09/2021 14:07

Luz, ben mantida e rebuldeira, afíxose axiña á compaña de Xosé Luís, que a trata coma a unha raíña.

Lonxe queda xa o mal momento que todos viviron ata que logo de cinco horas escoitándoa ouvear, localizaron a cadela despois de facer varias catas no terreo e coa a axuda dunha empresa que lles prestou unha cámara especial.

Agora buscan o seu propietario; a cadela ten un colar e semella ben coidada. Cren que non é de moi lonxe. Os implicados no rescate consideran que debeu entrar na tubaxe fuxindo dos lóstregos e logo non deu saído.

Fontaneiros, cámara, operarios do concello e de Proteción Civil fixeron posible este rescate e a nova vida de Luz ata que atope ao seu verdadeiro dono: polo de agora, goza con Xosé Luís dunhas boas vacacións


 

Noticias web

02/09/2021

Máis sobre Cerdedo-Cotobade