CRTVG

Buscar

Espectacular incendio nun depósito de ferralla en Madrid

Publicado o 25/02/2019 21:20

Tremendas imaxes as que nos chegan desde Madrid. É un incendio nun depósito de ferralla en San Fernando de Henares, en Madrid. As lapas devoran esta montaña de ferralla de seis metros de altura. O lume provoca unha gran columna de fume que se pode ver a varios quilómetros de distancia. Polo momento, parece que non é perigosa para os cidadáns. Tampouco hai feridos no incendio. Os labores de extinción céntranse evitar que as lapas se propaguen a outras montañas de ferralla e tamén a dúas infravivendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019