Espectacular incendio no balcón do santuario dos Milagres de Maceda
Publicado o 01/09/2021 14:31
Espectacular incendio no balcón do santuario dos Milagres de Maceda. As lapas prenderon por mor dun foco que estaba próximo a un mantón.
Foi despois da última misa de onte, cara ás nove da noite, cando os últimos fieis se decataron de que ardía a balconada. O manto pendura e as cinzas e chispas ameazaban con estenderse arredor do templo. Como bombeiros improvisados, os mesmos sacerdotes que oficiaran a misa conseguiron dominar o incendio cun extintor. Cando chegaron os bombeiros, o incendio xa estaba apagado.