CRTVG

Buscar

Espectacular decoración de Nadal na casa dunha familia de Guitiriz

Publicado o 08/12/2020 21:27

Semella a vivenda dunha película norteamericana de Nadal, pero non o é. Está en Guitiriz e é obra de María José e a súa familia. Son uns apaixonados do Nadal e levan anos decorando a súa vivenda, un labor que ten detrás moito traballo.

"A mediados de novembro empezamos co tema das luces, e co Belén empezo eu a finais de outubro. É moi complicado porque hai que illar todo moi ben por culpa da humidade e da auga, e iso require máis esforzo e tempo".

Non faltan as luces e os bonecos típicos, tamén soan de fondo panxoliñas e contan cun fermoso belén, e entre as novidades deste ano mesmo hai tamén un canón de neve. Aquí non falta detalle e as luces atraen a numersosos visitantes.

"Sempre vén xente a vela, eu teño moitos compañeiros que veñen e todos nos dan os parabéns porque en poucas casas se ve tanta decoración".

Din que a alegría que todo isto transmite a quen o ve compensa a subida da factura da luz, e é que en poucos fogares se vive o Nadal tan intensamente.

Noticias web

08/12/2020