CRTVG

Buscar

Especialistas internacionais debaten na Coruña sobre Emilia Pardo Bazán

Publicado o 25/10/2021 12:51

Este luns comezou na Coruña o Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán, que reunirá nos vindeiros cinco días un gran número das grandes voces internacionais expertas na autora.

Organízao a Real Academia Galega, institución que custodia o seu legado, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago. O congreso abre a semana grande de celebración do centenario da morte de Pardo Bazán.

A súa ollada de xénero, as súas referencias á ciencia ou a súa relación con Galicia debateranse neste congreso.

Noticias web

25/10/2021