CRTVG

Buscar

Esparexen comida para os animais en perigo de extinción polos incendios en Australia

Publicado o 12/01/2020 20:53

Ao tempo que continúa a loita contra os incendios forestais en Australia, os funcionarios dos parques nacionais empezaron a esparexer alimentos para os animais nos bosques arrasados polas lapas.

En Nova Gales do Sur, o estado máis afectado, guindaron desde helicópteros máis de dúas toneladas de batatas e cenorias para axudar a sobrevivir as especies en perigo de extinción, como algúns grupos de ualabís, que xa estaban baixo estrés debido á seca.

Esta vaga de incendios matou, ata o momento, máis de mil millóns de animais.

Noticias web

12/01/2020