CRTVG

Buscar

España xogará a final do Europeo de fútbol sala fronte a Portugal

Publicado o 09/02/2018 21:47

 

A selección española de fútbol sala remontou onte dous marcadores adversos fronte a Kazaxistán e disputará a final do Europeo en Eslovenia.

Resistiron os de Venancio Lópe na prórroga, primeiro con vantaxe grazas a un gol de Miguelín. No minuto 47 Kazaxistán igualaba o marcador e obrigaba a resolver a eliminatoria nos penaltis. Aí gañou España. Paco Sedano parou o primeiro lanzamento. A temida Portugal de Ricardinho agarda mañá na final o combinado nacional, gañador de sete das dez edicións do torneo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018