CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

España xoga ante Eslovenia unha das semifinais do Eurobasket

Publicado o 14/09/2017 15:26

Baloncesto. Chegan as semifinais no Eurobasket. E aí está a selección española... a vixente campioa de Europa. Hoxe España mídese con Eslovenia. Mañá disputarase a outra semifinal que enfrontará a Rusia e a Serbia. España medirá o seu potencial ante a emerxente Eslovenia de Luca Doncic. O base do R. Madrid, estrela dos eslovenos, chanceaba con algúns dos seus compañeiros de equipo. Fronte a fronte, as únicas dúas seleccións que aínda non coñecen a derrota. Scariolo recoñece que superar a Eslovenia... non será sinxelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí