CRTVG

Buscar

España volve ao risco alto e a incidencia nos mozos segue subindo ata os 449 casos

Publicado o 02/07/2021 18:43

• Cataluña entra en nivel extremo

 

España volve ao risco alto e a incidencia nos mozos segue subindo ata os 449 casos

A incidencia por covid entre os mozos volve repuntar, cun incremento de 133 puntos no grupo de 20 a 29 anos (499 casos) e un aumento de 60 no de entre 12 e 19 anos (406), mentres que, cunha media nacional de transmisión do virus de 152,8, España volve a situación de risco alto. 

Segundo os datos de Sanidade, a incidencia en Cataluña creceu ata os 296 casos, co que a comunidade entrou en situación de risco extremo (por encima dos 250 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días). 

Ademais, nas últimas 24 horas houbo 12.563 novos contaxios, o que eleva a cifra total de infeccións a 3.833.868 e a de mortes a 80.910, con 27 falecidos máis.

O aumento de contaxios, principalmente entre menores de 50 anos non vacinados, segue sen reflectirse nas ucis, onde a ocupación se mantén no 6,3 % e a presión hospitalaria no 1,9 %

Noticias web

02/07/2021