CRTVG

Buscar

España vacinou xa a 82.834 persoas tras recibir 718.575 doses de Pfizer

Publicado o 04/01/2021 19:43

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, precisou que ata o momento repartíronse en España 718.575 dose da vacina de Pfizer, e delas xa foron administradas á poboación un total de 82.834.

Na conferencia de prensa tras a reunión do Consello Interterritorial de Saúde, o ministro explicou que este luns chegou unha nova remesa de vacinas (unhas 360.000) de Pfizer -a terceira entrega, e a segunda xa de forma regular-, e fixo fincapé en que todas as comunidades recibiron as súas doses correspondentes, excepto Baleares que o fará nas próximas horas.

España recibe cada semana unha remesa de 360.000 doses, aínda que neste primeiros sete días, que coincidiu cos festivos polo Nadal, a campaña de vacinación non se desenvolveu coa rapidez prevista. O ministro pediu prudencia, reiterou a "vontade de transparencia", e subliñou que tampouco se trata de establecer "un ranking ou unha competencia" porque todas as comunidades "están a poñer os recursos necesarios para administrar as doses, dunha forma progresiva". 

Noticias web

04/01/2021