CRTVG

Buscar

España, único país de Europa que aposta pola suba de impostos

Publicado o 28/10/2020 15:08

A suba de impostos do Goberno español difire das medidas previstas polas principais economías europeas, que apostan por aumentar o gasto sen incrementar a presión fiscal.

España é o único país de Europa que aposta pola suba de impostos como receita para afrontar a crise económica provocada pola pandemia.

Os demais socios europeos optan por todo o contrario: prefiren deseñar contas expansivas xunto con plans de estímulo económico que permitan paliar os efectos da crise económica e social.

Por iso as principais economías da zona euro optan por unha baixada xeneralizada de impostos para familias e empresas, co obxectivo de estimular así o consumo e o investimento.

Como afrontan os países europeos a pandemia nos seus presupostos?

· No Reino Unido, vai baixar o IVE do 20 ao 5% nalgúns produtos.
· Nos Países Baixos redúcese o IRPF. En Francia, aprázanse impostos a algunhas empresas.
· En Alemaña, baixa tamén o IVE e haberá axudas a pemes e familias.
· En Italia, elimínanse impostos locais e vanse baixar tipos de IVE.
· En Portugal, hai beneficios fiscais para as empresas de ata 6.000 millóns de euros.
· En Grecia, elimínase case por completo o IVE ata marzo do ano que vén.

Noticias web

28/10/2020