CRTVG

Buscar

España trata de relaxar as condicións para acceder ao fondo de reconstrución europeo

Publicado o 07/10/2020 17:06

Pedro Sánchez prometeu a creación de 800.000 postos de traballo nos próximos tres años na presentación do plan de recuperación da economía española.

Este plan que presentou o presidente era unha obriga que marcaba Bruxelas para que España optase a recibir unha cantidade de cartos histórica, procedente do fondo de reconstrución. Agora o Goberno ten que remitirlle estes documentos a Europa.

Antes de remitirllo, España trata de relaxar as condicións para acceder a eses miles de millóns. Pero Alemaña presiona mantendo as esixencias a cambio dos cartos.

Berlín, polo de agora, ignora as pretensións do Goberno de Sánchez e quere que se cumpran as recomendacións fiscais e económicas. 

Noticias web

07/10/2020