CRTVG

Buscar

España supera os 47 millóns de habitantes grazas á chegada de inmigrantes

Publicado o 08/06/2020 20:17
España supera os 47 millóns de habitantes grazas á chegada de inmigrantes

España supera por vez primeira os 47 millóns de habitantes. A poboación aumentou en 2019 en máis de 392.000 persoas. É grazas á chegada de inmigrantes que compensan o saldo vexetativo negativo. É o maior cremento de poboación desde 2008. A poboación en Galicia medrou nun 0,07 por cento. A 1 de xaneiro de 2020 na nosa comunidade residen 2.702.244 persoas. Tamén en Galicia o incremento de habitantes débese á chegada de inmigrantes. Son datos do Instituto Nacional de Estatística.

Noticias web

08/06/2020