CRTVG

Buscar

España supera os 25 millóns de persoas inmunizadas coa pauta completa da vacina

Publicado o 22/07/2021 18:40
España supera os 25 millóns de persoas inmunizadas coa pauta completa da vacina

España supera os 25 millóns de cidadáns coa vacina completa. Iso supón o 52,8 % da poboación. O informe do Ministerio de Sanidade indica que 30.217.311 persoas, o 63,7 % da poboación, ten inoculada xa polo menos unha dose e dese cómputo 25.060.958 son inmunizados coa vacina completa.

Xa son 13 as comunidades con máis da metade da súa poboación inmunizada, entre elas Galicia. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, congratulouse nun chío de superar este "novo fito" na campaña de vacinación.  

Noticias web

22/07/2021