CRTVG

Buscar

España suma 182 casos máis de coronavirus, tres deles en Galicia

Publicado o 28/05/2020 17:48
España suma 182 casos máis de coronavirus, tres deles en Galicia

O último informe publicado polo Ministerio de Sanidade situou a cifra total de falecidos polo novo coronavirus en España nos 27.119, o que supón un máis respecto ao mércores. Ademais, nos últimos sete días faleceron por esta causa 39 persoas.

Ata o momento, 237.906 persoas deron positivo nunha proba PCR, o que supón 182 máis nun día, 11.389 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e 123.804 precisaron hospitalización, 301 no últimos sete días.

Andalucía, Asturias, Baleares, Cantabria, Ceuta, Melilla, Navarra e País Vasco non rexistraron ningún falecido polo novo coronavirus nos últimos 7 días.

Este é o total de falecidos por comunidades:

Andalucía 1.404

Aragón 826

Asturias 310

Baleares 209

Canarias 151

Cantabria 202

Castela-A Mancha 2.945

Castela e León 1.922.

Cataluña 5.584

Ceuta 4

Comunidade Valenciana 1.332

Estremadura 507

Galicia 608

Madrid 8.691

Melilla 2

Murcia 148

Navarra 490

País Vasco 1.424

A Rioxa 360.

En canto aos casos de Covid-19 confirmados nunha proba PCR, nas últimas 24 horas non se diagnosticaron casos en Castela-A Mancha, Ceuta, Melilla e A Rioxa.

Andalucía 7

Aragón 18 

Asturias 1

Baleares 1

Canarias 1

Cantabria 5

Castela e León 8

Cataluña 39

Comunidade Valenciana 8

Estremadura 3

Galicia 3

Madrid 67

Murcia 3

Navarra 17 

País Vasco 1

En canto aos ingresos nunha unidade de coidados intensivos (UCI), contabilizáronse un total de 11.389 persoas, aínda que no últimos sete días só ingresou unha persoa nunha unidade de Andalucía, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana e Galicia. Ademais, nestes días ingresaron tres persoas nunha UCI en Castela-A Mancha e outras tres en Madrid.No resto das comunidades autónomas non se rexistraron ingresos.

Respecto a os hospitalizados, en total precisaron hospitalización por Covid-19 123.804 persoas, sendo Melilla a única rexión española que non rexistrou ningunha nova hospitalización.