CRTVG

Buscar

España suma preto dun cento de rebrotes activos

Publicado o 11/07/2020 14:38


En El Segrià, en Lleida, os contaxios seguen a máis e prevese que continúen crecendo nos próximos días.

A comarca cumpre unha semana de confinamento perimetral.

As autoridades alertaron sobre todo do aumento de positivos entre xente nova e fixeron un chamamento á responsabilidade.

Os focos de El Segrià son os máis preocupantes en Cataluña pero seguen aparecendo máis. Os últimos teñen en alerta a localidade de Hospitalet, en Barcelona, onde pasaron de 30 a 100 contaxios nunha semana.

Tamén aumentan os positivos nos brotes de Aragón e notificáronse focos novos en Madrid, Andalucía e Estremadura. As que vemos agora son imaxes do porto de Santoña, en Cantabria. Dúas embarcacións galegas con sete tripulantes están en vixilancia despois de que un mariñeiro de Burela doutro barco, co que tiveran contacto, dera positivo por coronavirus.

E isto é Ordizia, en Guipúscoa, onde se localiza outro dos focos que suscitan máis atención, con 69 positivos ata o momento. Vencellado ao ocio nocturno, a maioría dos afectados teñen entre 18 e 35 anos, pero xa se están empezando a ver casos entre xente algo maior pola posible transmisión por parte dos contaxiados aos seus contactos estreitos.
 

Noticias web

11/07/2020