CRTVG

Buscar

España suma 410 finados con coronavirus nun día, a cifra máis baixa en case un mes

Publicado o 19/04/2020 20:30

Fernando Simón referíase así ao descenso no número de falecidos nun día. Rexistráronse 410, a cifra máis baixa desde hai case un mes.
Á pregunta de se o cómputo inclúe os falecementos en residencias de maiores, confirmou que o ministerio suma todos os casos confirmados que lles envían as distintas autonomías.

Simón puntualizou, porén, que os casos sospeitosos son importantes e que se van ter en conta para as seguintes fases da epidemia.

Por outro lado, tamén informou de que o número de contaxiados creceu nun 2,2 % e os hospitalizados e ingresados en uci, por debaixo do 1,5 %.

Os pacientes recuperados achéganse aos 77.400, o cal representa máis dun 39 % dos infectados confirmados.

Noticias web

19/04/2020