España sofre para derrotar a Polonia 27-26, con Rodrigo Corrales de porteiro titular
Publicado o 18/01/2021 15:01
España sofre no mundial para derrotar a Polonia no Mundial.
España superou a súa primeira final para poder acceder á segunda fase tras imporse 26-27 nun choque en que volveu pagar as súas dificultades no xogo ofensivo. A selección deixou escapar unha renda de cinco goles no segundo tempo, pero nos minutos finais tirou de experiencia e de madurez competitiva para levar o triunfo. Gañou de maneira agónica por un gol.
Rodrigo Corrales xogou todo o partido e tivo unha boa actuación.