CRTVG

Buscar

España segue cun lento descenso da incidencia (117) e de ocupación nas UCI (12,1%)

Publicado o 04/06/2021 18:46
España segue cun lento descenso da incidencia (117) e de ocupación nas UCI (12,1%)

A evolución da pandemia segue o seu paulatino descenso ao caer un punto a incidencia acumulada e situarse en 117,22 casos en 14 días por cada 100.000 habitantes, aínda que en Cantabria, Cataluña e Ceuta a taxa de contaxios aumentou lixeiramente. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, nas últimas 24 horas rexistráronse 4.975 novos contaxios, o que eleva a cifra total de infeccións desde o inicio da pandemia a 3.697.987, e 97 mortes máis, ata un total de 80.196 defuncións, das que 108 rexistráronse nos últimos sete días.

A presión das UCI descendeu ata o 12,1 % (catro décimas menos que onte) e Madrid, cun 25,85 %, segue sendo a única comunidade con alta ocupación nas súas unidades de coidados intensivos (por encima do 25 %). Sanidade notifica tamén este venres unha descenso dunha décima na ocupación hospitalaria, que se sitúa no 3,3 %. 

Noticias web

04/06/2021