CRTVG

Buscar

España roza o millón de contaxios e Navarra marca récord en Europa

Publicado o 20/10/2020 15:22

España roza xa o millón de contaxios e hai medio cento de localidades confinadas. En só catro días Fernando Simón pasou de falar de estabilización a dicir que España non evoluciona ben. 

Navarra é a que ten agora mesmo unha peor situación. Chegou ao punto dos 1.000 contaxios por 100.000 habitantes, o récord de todo o país e de Europa. Para algúns, as medidas anunciadas polo Goberno navarro para este xoves chegan tarde aínda que a maioría as asumen con resignación. 

En Madrid o confinamento remata este sábado. Sánchez non quere amplialo, pero tampouco volver ás restricións por áreas sanitarias, como defende Ayuso. A comunidade estuda un toque de queda similar ao imposto en Francia. Ademais a capital xa decidiu suspender as cabalgatas de Reis.

E mentres en Cataluña, coa hostalería pechada dende o venres, triplícanse os mortos por covid-19 nun día. E en Valencia dispáranse os ingresos nas camas UCI.

Melilla rexistra un novo récord e a cidade roza o millar de casos activos. Estremadura anuncia restricións en varias localidades, entre elas, Mérida e Plasencia. Castela e León ten catro capitais de provincia con limitacións de mobilidade.

 

Noticias web

20/10/2020