CRTVG

Buscar

España rexistrou un incremento de mortes do 38% entre febreiro e marzo

Publicado o 14/10/2020 21:40
España rexistrou un incremento de mortes do 38% entre febreiro e marzo

España é o país europeo con maior exceso de mortalidade na primeira vaga da pandemia. O estudo dunha universidade británica recolle que o número de mortes en España entre febreiro e marzo foi un 38% superior á media nese período dos anos previos.

Inglaterra e Gales, Italia, Escocia e Bélxica son os seguintes na lista. No outro extremo están Bulgaria, Nova Zelandia ou Eslovaquia, que apenas rexistraron un aumento da mortalidade.

En total analizaron os datos de 21 países, en que se produciron un total de 200.000 mortes máis das esperadas, un 18% máis.

Noticias web

14/10/2020