CRTVG

Buscar

España rexistra o número de mortes máis baixo nun ano, pero a incidencia segue á alza

Publicado o 01/07/2021 19:23
España rexistra o número de mortes máis baixo nun ano, pero a incidencia segue á alza
EFE

O Ministerio de Sanidade notificou 8 falecementos por covid nas últimas 24 horas, a cifra máis baixa desde hai un ano, a pesar de que a incidencia a 14 días aumentou 17 puntos, ata 134,3, e que nas últimas 24 horas houbo 12.345 novos contaxios.

Segundo os datos de Sanidade, os maiores índices de transmisión concéntranse nos grupos de idade de entre 20 e 29 anos (366,7 casos) e de 12 a 19 (345,2), ambos en risco extremo (por encima dos 250 casos).

Este primeiro de xullo o escenario da pandemia difire moito ao de fai seis meses, en pleno pico da terceira onda, cando a incidencia era de 865,6 casos, había 762 falecidos diarios e unha media de 26.000 novos positivos cada día, o que repercutía nunha ocupación das ucis do 45,3 %.

Un cambio que provocou a campaña de vacinación, xa que os máis vulnerables e maiores están xa inmunizados e os contaxios afectan agora maiormente o grupo de menos de 50 anos. Segundo Sanidade, a ocupación das ucis descende este xoves dúas décimas, ata o 6,3 %, mentres que a presión hospitalaria se mantén no 1,9 %.

A cifra total de infeccións elévase a 3.821.305 e a de falecidos a 80.875, dos que 53 foron reportados no últimos sete días

Noticias web

01/07/2021