CRTVG

Buscar

España rexistra no que vai de mes o dobre de casos que en todo marzo

Publicado o 23/04/2021 18:48

Sanidade notifica 11.731 novos casos de Covid-19, 95 mortes e a incidencia aumenta a 235,51

España rexistra no que vai de mes o dobre de casos que en todo marzo

O Ministerio de Sanidade notificou 177.223 contaxios desde o 1 de abril, o dobre dos rexistrados en todo o mes de marzo (86.863), período no que a incidencia acumulada creceu en 80,8 puntos, aínda que os falecementos reportados desde o inicio da Semana Santa (1.050) son moi inferiores aos 5.932 do pasado mes.

As comunidades informaron este venres de 11.731 novos positivos nas últimas 24 horas e, de novo, dun lixeiro ascenso da incidencia acumulada en 14 días, ata 235,5 (tres puntos máis que onte), mentres que a ocupación das UCI con enfermos de covid tamén dúas décimas, ata o 22,8 %.

As unidades de coidados intensivos de sete comunidades seguen baixo presión extrema (por encima do 25 %), encabezadas por Madrid (44,3 %) e A Rioxa (39,6 %). Estas dúas comunidades tamén están en risco extremo de transmisión do coronavirus -Madrid (398,2) e A Rioxa (270,3)- coa incidencia acumulada por encima dos 250 casos, xunto ao País Vasco (523,4), Navarra (400,7), Aragón (266,2) e Cataluña (278,4), así como as cidades autónomas de Ceuta (332,5) e Melilla (454,7).

Nas últimas 24 horas, as comunidades reportaron 95 mortes, co que a cifra total de falecidos elévase a 77.591 (330 no últimos sete días) e a de contaxios a 3.468.617.

A ocupación hospitalaria descende unha décima ata o 7,4 %.